Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN APROBA POR UNANIMIDADE UN INVESTIMENTO DE 400.000 EUROS EN MELLORAS DE VIAIS E ACCESIBILIDADE
Na sesión plenaria celebrada esta mañá tamén saíu adiante una declaración institucional en apoio ao comité de Navantia Fene-Ferrol urxindo carga de traballo para os astaleiros da ría
Narón, 24 de xullo de 2019. A corporación local de Narón respaldou esta mañá no pleno ordinario unha declaración institucional en apoio ao comité de empresa de Navantia Fene-Ferrol urxindo carga de traballo para os astaleiros da ría. Dende o colectivo denuncian o parón previsto no sector entre finais deste verán e comezos do ano 2021, momento no que se prevé o inicio da construción das cinco fragatas F-110 para a Armada Española autorizadas polo Consello de Ministros –e xa con orde de execución-. Para evitar a parálise na actividade dos asteleiros dende o comité de Navantia Fene-Ferrol apelan á construción dun Buque de Aprovisionamento en Combate (BAC) para cubrir esa falta de ocupación entre os anos 2020 e 2021. Na declaración institucional ínstase ao Goberno Central, á Xunta e á Dirección de Navantia a realizar as xestións oportunas para concretar as contratacións á maior brevidade. En materia de investimentos, o Concello participará na segunda fase do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña, do que lle corresponden a Narón unha partida de 951.301 euros en dúas fases, sendo o importe desta segunda de 397.064 euros. Con cargo a esta partida, e coa aprobación de toda a corporación, reforzarase a rodadura de varios camiños rurais localizados en Castro de Abaixo, Río da Lousa, Igrexa-Vilar, San Xiao e Vidueiro, entre outros, actuacións orzamentadas en conxunto en 241.402 euros. Tamén con cargo a este plan provincial acometeranse obras de accesibilidade e reforma da rúa Mugardos, por un importe de 102.198 euros, e na rúa da Paz, por 54.449 euros. Así mesmo, na sesión plenaria aprobouse o Plan Económico financiero do Concello para o período 2019-2020 que, seguindo os trámites oportunos, se remitirá á Secretaría Xeral de Financiación Autonómica e Local. O Concello de Narón tamén se adherirá, tras aprobalo o pleno, ao convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e a Federación Española de Municipios e Provincias en materia de intercambio de información tributaria e colaboración na xestión recadatoria coas entidades locais e alta no procedemento de embargo de pagos orzamentarios. O acordo consiste nun sistema automatizado que permite embargar determinados pagos presupostarios de debedores fronte á Facenda Pública a través dun sistema informatizado. Na sesión rexeitáronse as alegacións presentadas á estrutura de custos do servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria do Concello, que se remitirá á Xunta de Galicia. No apartado de mocións rexeitouse unha do PP sobre a aprobación dunha rebaixa do IVTM, explicando o portavoz de TEGA, Román Romero, que “non son comparables os servizos que ofrece Narón cos doutros concellos. O goberno local ten conxeladas as taxas e impostos municipais dende hai varios anos e conta cunha estabilidade orzamentaria que debemos manter”. A segunda das mocións rexeitadas era sobre unha modificación na ordenanza do IBI, tamén presentada polos populares, e que non respaldaron nin o bipartito naronés –TEGA e PSOE- nin o BNG.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal