Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" ORGANIZADO POLO PADROADO DA CULTURA E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA REMATA MAÑÁ NA PARROQUIA DE SAN XIAO
As persoas que asistan poderán ver a película "Cavernícola", que se proxectará nunha gran pantalla a partir das 22.30 horas
Narón, 30 de xullo de 2019. O ciclo "Cine de Verán", impulsado a través do Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña, rematará mañá pola noite na parroquia de San Xiao. A última das proxeccións deste programa será a da película “Cavernícola”, que se poderá ver a partir das 22.30 horas nunha gran pantalla que se instalará na pista polideportiva de San Xiao. Todas as proxeccións dos filmes foron de balde e prográmanse co fin de descentralizar algunhas iniciativas do Padroado aos barrios da zona urbana e as parroquias do rural naronés. “Cavernícola” é unha coprodución galega de animación na que os protagonistas son unha moza, chamada Lucía, e a súa familia. Todos eles axudarán ao ratonciño Pérez a botar abaixo os plans de dous malvados ratos que queren roubar os dentes a todos os nenos do mundo para despois convertelos en perlas e facerse ricos. O filme obtivo o Premio Goya á Mellor película de animación no ano 2006. As proxeccións de Cine de Verán comezaron o pasado 26 de xuño na Solaina, e continuaron na Gándara, Xuvia, Pedroso, San Mateo, O Val e O Alto. A proxección que terá lugar mañá aprazouse da data inicialmente prevista debido ao mal tempo, polo que o ciclo rematará mañá pola noite.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal