Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ E O XOVES NA CIDADE
A unidade estará operativa durante todo o día nas inmediacións do centro de saúde do Alto, mañá, e xunto á Praza da Constitución, o xoves
Narón, 20 de agosto de 2019. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá e o xoves na cidade. As doazóns poderán realizarse mañá todo o día, en horario de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00, nas inmediacións do centro de saúde do Alto do Castiñeiro. Na xornada do xoves, día 22, a unidade para realizar as doazóns de sangue estará nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, tamén en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00. As persoas que vaian a doar deben ter entre 18 e 65 anos e pesar máis de 50 quilos, terán que informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algunha medicación e levar a tarxeta de doazón, DNI ou un documento similar. É preciso tamén que acudan despois de almorzar e que no caso de facelo tralo xantar, esperen dúas horas antes de doar, tal e como recordaron dende ADOS.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal