Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA 36.100 EUROS AO ACONDICIONAMENTO DE DÚAS GLORIETAS UBICADAS EN XUVIA E SEDES
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que ambas intervencións se enmarcan nun plan de renovación das glorietas do termo municipal naronés
Narón, 20 de agosto de 2019. Unha das glorietas da estrada de Castela, a localizada na saída do ramal da AP-9 en Xuvia, nas inmediacións da siderometalúrxica Megasa, loce unha imaxe renovada tras un investimento municipal que rondou os 9.700 euros. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que os traballos de xardinería realizados na citada rotonda “permiten dar un importante cambio estético a ese espazo da parroquia de Xuvia, unha das vías de entrada na cidade dende a AP-9 e que dende o goberno local se apostou por ornamentar con diferentes especies”. A empresa adxudicataria dos traballos de xardinería no termo municipal naronés plantou na glorieta un olivo tipo “bonsái”, varias especies de flores e tamén pequenos arbustos ornamentais. Nos vindeiros días, tal e como avanzou Santalla, con cargo a este mesmo proxecto da área de Servizos, procederase a instalar puntos de luz no chan para iluminar a nova área axardinada. O concelleiro naronés explicou tamén que o goberno local está rematando o proceso de contratación dos traballos que permitirán tamén axardinar outra rotonda da localidade, en concreto a ubicada na parroquia de Sedes, na estrada que comunica a autovía con Sedes e Pedroso. Neste caso, tal e como indicou Santalla, os traballos a executar suporán un desembolso duns 26.400 euros. Neste caso, apuntou o edil, “trátase dunha superficie de maiores dimensións que a de Xuvia e na que se colocará céspede artificial e areón de cor tostado, facendo unha figura en forma de espiral”. “Nos dous casos trátase duns traballos que mellorarán a estética destas rotondas, xa existentes, e que con cargo a un plan de renovación das glorietas do termo municipal naronés presentarán un aspecto moito máis renovado en zonas cunha considerable afluencia de vehículos na cidade”, tal e como asegurou Ibán Santalla. O edil naronés incidiu en que dende o goberno local “continuaremos traballando para mellorar tanto as dotacións como os equipamentos comunitarios da cidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal