Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMBIO NO SENTIDO DE CIRCULACIÓN NUN TRAMO DA RÚA BISPO ARGAYA
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que o cambio aplicarase no tramo comprendido entre as rúas Concepción Arenal e Igrexa a partir do vindeiro martes, 3 de setembro
Narón, 30 de agosto de 2019. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou do cambio de sentido de circulación, a partir do vindeiro martes, da rúa Bispo Argaya (A Gándara), no tramo comprendido entre os viais Concepción Arenal e Igrexa. O citado tramo, no que ata o momento se mantiña sentido de circulación de baixada, pasará a ser de subida, unha medida coa que, tal e como indicou o edil, “permitirá mellorar a mobilidade da rúa da Paz e da zona das Vivendas do Bispo”. O Concello reparou recentemente o firme do citado vial e aproveitando as tarefas de acondicionamento do mesmo, o martes procederase a pintar a nova sinalización horizontal e procederase a instalar tamén a sinalización vertical indicando os novos cambios. O vindeiro martes día 3 de setembro será a xornada na que se comezará a aplicar este cambio na dirección de circulación por este tramo da rúa Bispo Argaya, que será definitivo, tal e como explicou o edil naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal