Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA A PROGRAMACIÓN DE FESTAS DE NADAL EN NARON
A Praza de Galicia acollerá actividades para os nenos, e no Auditorio haberá festivais de maxia infantil.
Narón, 23 de Decembro de 2008.- A Concelleira de Ocio e Festas de Narón, Mª del Mar Gómez Casal, presentou hoxe en rolda de prensa a programación de Festas de Nadal que se celebrará en Narón ata o vindeiro 5 de xaneiro. Tódalas actividades están pensadas para os máis pequenos da casa, agás a tradicional celebración da noite de Fin de Ano, que unha vez máis terá lugar nunha carpa instalada na Praza de Galicia. Entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro –incluidos- a Praza de Galicia acollerá en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 horas) atraccións, inchables, cine infantil, obradoiros de malabares, manualidades, maquillaxe e globoflexia. O día 2 de xaneiro está previsto un concurso de karaoke, e o día 4 haberá unha visita dos Reis Magos, que estarán acompañados polo Mago Martín e atraccións e inchables. A véspera de Reis, se celebrará un festival infantil no que tamén haberá karaoke. A ONG Lena –con sede en Narón, e que realiza proxectos de axuda á rexión brasileña de LenÇois- tamén estará presente nestas datas na Praza de Galicia. Entre o 26 e o 30 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas, instalará unha tenda solidaria na que se poderán adquirir artículos feitos con materiais de reciclaxe. O día 30 tamén se instalará unha mesa informativa da Coordinadora “Pobreza Cero”, coa que colabora dende o pasado ano. Pero ademáis, Lena organizará o día 3 de xaneiro o tradicional Festival Solidario, que nesta ocasión se celebra no Pazo da Cultura. Está prevista a actuación de actores de series da TVG (como Padre Casares, ou Libro de Familia), o Clube de Ximnasia Acordes de Narón, o mago Antón, e a Banda Municipal de Gaitas, entre outros. A recaudación se destinará a financiar proxectos de desenvolvemento de esta rexión de Brasil. “Queremos que estos días de Nadal sexan tamén unhas datas de solidariedade”, comentou o director do Padroado de Cultura, Luciano Fernández. O Auditorio Municipal da Praza de Galicia é outro dos escearios de celebración destas Festas de Nadal. Neste espacio está prevista a celebración de dous espectáculos de maxia, de carácter gratuito e dirixidos a familias con nenos. O día 26 actuará o Mago Antón cun espectáculo titulado “Armas baixo control”, e o día 27 será o turno do Mago Luis Boyano, un dos mellores do país e gañador do concurso mundial de maxia no ano 2002. O Auditorio acollerá ademáis o Concerto de Fin de Ano a cargo da Xove Banda de Narón. Tódalas actividades serán de carácter gratuito, agás o festival de Lena no Pazo da Cultura. E pensando nos maiores, o Concello ven de presentar tamén a tradicional Festa da Noite de Fin de Ano, que se celebra nunha carpa de 1.200 metros cadrados que dispón de calefacción e cafetería. Nesta ocasión se contará coa actuacións das orquestras Olimpus e Filadelphia, a partires das 00:30 horas. O orzamento total dos festexos de Nadal é de 60.000 euros da Concellería de Festas, máis outros 10.000 euros aportados polo Padroado de Cultura de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal