Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE "ELECTRICIDADE BÁSICA" ABRIRASE O VINDEIRO 11 DE SETEMBRO
Esta acción do Programa municipal de Formación diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, tal e como indicou a concelleira responable da área, Natalia Hermida
Narón, 9 de setembro de 2019. O Concello convoca a través do Programa municipal de Formación un curso sobre Electricidade básica, para o que se abrirá o prazo de inscrición o vindeiro mércores, día 11. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que esta acción formativa se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas na cidade. O prazo para anotarse rematará o 18 de setembro ás 13.00 horas, se ben dende o mércores se poderán tramitar as inscricións a través do Rexistro do Concello –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00- ou da Sede Electrónica. En total ofértanse 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tal e como recalcou Hermida. Funcionamento dos circuítos e máquinas eléctricas; Prevención de riscos laborais en instalacións eléctricas; Montaxe, reparación e mantemento de sistemas eléctricos sinxelos de vivendas e industriais segundo REBT e Prácticas profesionais forman parte do contido deste curso, que ten un total de 300 horas de duración (80 de prácticas profesionais non laborais). As clases terán lugar nas instalacións do Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 25 deste mes ao 19 de decembro –luns a venres de 8.30 a 13.30 horas-, se ben as prácticas se desenvolverán nas propias instalacións das empresas colaboradoras (nun horario por determinar). As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da web do Concello, da Sede Electrónica de Narón ou, por teléfono, chamando ao número 981 337 700 (extensións: 1123; 2602; 1120 e 1107).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal