Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
"A BANDA DO GARAXE" DA AGRUPACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA ACTUARÁ O VINDEIRO SÁBADO EN ODEÓN
A cita desta semana será a partir das 19.00 horas, se ben o sábado 21 de setembro programouse outra da Banda Infantil ás 20.00 horas e tamén en Odeón
Narón, 12 de setembro de 2019. A Banda do Garaxe, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, actuará o vindeiro sábado, día 14, no Centro Comercial Odeón. A cita, de balde, será a partir das 19.00 horas e organízase como cada ano por estas datas, para dar a coñecer o traballo musical que se leva a cabo dende Sementeira, con esta Banda, integrada por unha ducia mozos e mozas de Narón e doutros concellos da comarca. Así mesmo, dende a Agrupación Cultural Musical Sementeira tamén se programou outra actuación da Banda Infantil para o día 21 de setembro en Odeón, a partir das 20.00 horas. Na actualidade, unha vintena de rapazas e rapaces forman parte da Banda Infantil de Sementeira. As actuacións programadas durante o verán levaron tamén á Xove Banda de Narón a pasada fin de semana a Ourense, donde actuou en San Cibrao das Viñas e no Castelo de Ribadavia, tal e como recordaron dende o colectivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal