Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE O VINDEIRO LUNS Á CIDADE
O vehículo estará estacionado nas inmediacións da Praza da Gándara entre as 15.30 e as 21.00 horas, tal e como anunciou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego
Narón, 18 de setembro de 2019. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (Ados) desprazarase o vindeiro luns, día 23 á cidade. O vehículo localizarase nas inmediacións da Praza da Gándara –rúa Pintor Soutomaior- entre as 15.30 e as 21.00 horas, tal e como indicou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego. Dende Ados recordaron que é preciso almorzar antes de doar sangue e que, no caso de facelo tralo xantar, débense deixar pasar dúas horas. Así mesmo, os doantes deben levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similiar e informar ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal