Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE OBRADOIROS SOBRE "PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS SEN CONSUMO DE SUBSTANCIAS EN MENORES" DIRIXIDOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA
Os edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Mocidade, Pablo Mauriz, presentaron hoxe a iniciativa, que se desenvolverá entre o vindeiro mes de outubro e maio de 2020
Narón, 19 de setembro de 2019. Os concelleiros de Ensino, Mercedes Taibo, e Mocidade, Pablo Mauriz, presentaron esta mañá no Concello os obradoiros sobre “Prevención de condutas adictivas sen consumo de substancias en menores”, vencellados ao uso abusivo das novas tecnoloxías, os videoxogos e as redes sociais. Taibo explicou que unha pedagoga experta en ludopatía será a persoa encargada de impartir estes obradoiros entre o alumnado de segundo e terceiro curso de ESO e FPBI dos centros de ensino da cidade. No ámbito escolar abordaranse dúas áreas, a das redes sociais na que se tratarán temas como a súa legalidade, as condutas de risco, autoxestión, códigos morais, violencia de xénero… e a de xogo con apostas, para falar sobre a ludopatía o século XXI, o poder da publicidade, os factores de protección e risco, e qué facer ante casos de problemas coas apostas, entre outros temas. No ámbito familiar, convocaranse obradoiros informativos e preventivos tanto nos espazos de educación familiar municipais como nas Anpas. Neste caso, tal e como indicaron os representantes do goberno local, os contidos que se tratarán son a ludopatía do século XXI, hábitos e rutinas no uso da tecnoloxía, normas e límites no uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) e pensamento crítico e con criterio no uso das TIC. Sobre os obxectivos desta convocatoria, Pablo Mauriz destacou que se trata de “dotar aos mozos e mozas de Narón e tamén ás súas familias dunha serie de recursos que permitan evitar as condutas adictivas relacionadas co uso das tecnoloxías, atendendo así unha problemática da nosa sociedade actual e que está xerando serios problemas entre unha parte da poboación adolescente”. A edil de Ensino recordou que “dende o Concello de Narón xa iniciamos un importante traballo nesta área a través do programa “Fóra de xogo”, co que durante o pasado curso escolar se abordou o problema da ludopatía en menores con diferentes actividades que se levaron a cabo nos propios centros”. Taibo avanzou que os obradoiros do programa “Prevención de condutas adictivas sen consumo de substancias en menores” terán unha duración máxima de tres sesións de cincuenta minutos por grupo ou aula e comezarán o vindeiro mes de outubro, para rematar en maio de 2020. Os centros de ensino interesados en participar, aos que xa se lles está informando deste programa, poden anotarse ata o día 27 deste mes a través dun formulario que se lles enviou dende o Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal