Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE TORNEADO E TALLA, MÚSICA E EXPOSICIÓNS NO "IV ENCONTRO DE TORNEIROS DA MADEIRA VIRUTAS" QUE SE CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA
O encontro celebrarase o sábado todo o día e o domingo en horario de mañá, incluíndose demostracións de torneado de madeira e talla en vivo e sorteo de varias pezas elaboradas durante o evento
Narón, 4 de outubro de 2019. A Asociación de Torneiros da Madeira “Virutas” organiza a cuarta edición do Encontro de Torneiros da Madeira “Virutas” no que colabora o Concello de Narón e que terá lugar esta fin de semana nas instalacións de Canaima (Camiño de Basanta). A cita dará comezo mañá ás 10.00 horas, con torneado en directo a cargo de integrantes da Asociación de Amigos da Madeira das Pontes e tamén dos da asociación “Virutas” e tamén demostracións de talla, a cargo da AVV Maniños e incluíndo grandes volúmenes. Estas demostracións poderán verse durante toda a mañá, ata as 14.00 horas. A xornada matinal do sábado inclúe tamén ás 13.00 horas a actuación do grupo de música tradicional Aghaspalleiros e ás 13.30 horas sortearanse pezas torneadas. Ao mediodía, entre as 14.00 e as 16.00 horas haberá un descanso para retomar o programa a partir das 16.00 coa elaboración, por parte de torneiros que acoden á cita, de pezas ante o público asistente, que poderá realizar as consultas que estime oportunas sobre o seu traballo mentres tornean (ata as 19.45 horas). Entre as 19.45 e as 20.00 sortearanse de novo pezas torneadas e ao remate do sorteo pecharanse as instalacións. Na xornada do domingo o Encontro de Torneiros da Madeira Virutas dará comezo ás 10.00 horas. Dende a apertura ata as 13.00 horas varios torneiros encargaranse de realizar diferentes pezas, tamén interactuando co público e atendendo as súas dúbidas sobre este traballo. A música do domingo virá da man da gaiteira naronesa María López Carballo, de Narón e gañadora do premio Mac Crimmon no Festival Intercéltico de Lorient, en Francia. Ás 13.30 horas sortearanse pezas torneadas e ás 13.45 procederase a clausurar esta cuarta edición do Encontro de Torneiros da Madeira Virutas. A maiores, tanto o sábado como o domingo haberá exposicións permanentes de pezas torneadas e de talla, de labores creativas (artesanía en alfombras, patchwork, palillado), unha mostra do obradoiro de gaitas Marcos García, venda de ferramentas e tamén estará representada o domingo a asociación Can de Palleiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal