Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACADA O COMPROMISO DE ADIF DE ACONDICIONAR O PASO ELEVADO SOBRE A VÍA DO TREN LOCALIZADO EN SANTA ICÍA
Marián Ferreiro destacou as melloras que se acometerán con cargo a un proxecto realizado polo Concello e valorado nuns 32.000 euros para garantir a máxima seguridade aos peatóns
Narón, 8 de outubro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá a León para reunirse con responsables de ADIF, entre eles o subdirector de Operacións Centro da Rede Noroeste, Julio Sánchez. Á xuntanza acudiron tamén os concelleiros de Transporte Público, Mar Gómez, Obras, Pablo Mauriz, e o exedil de Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo –que estivera na xuntanza mantida o pasado mes de febreiro-. No transcurso da reunión de hoxe abordaron varios asuntos vencellados ás comunicacións ferroviarias na cidade, trala mantida en febreiro tamén en León entre representantes do Concello e ADIF, e na que Ferreiro trasladou varias demandas para mellorar infraestruturas da cidade. A alcaldesa acadou hoxe o compromiso de ADIF de acometer o proxecto presentado dende o Concello de acondicionamento do paso elevado sobre a vía de FEVE entre as rúas da Estación e Fonte da Cruz, en Santa Icía. Marián Ferreiro explicou que se trata “dunha actuación moi relevante que permitirá acometer importantes melloras de seguridade neste paso sobre a vía do tren e que suporá un investimento duns 32.000 euros”. Con cargo á intervención, tal e como indicou a rexedora local, procederase a reparar as escaleiras, reforzar elementos estruturais e colocar perfís laminados nos extremos debaixo do paso peonil e do tramo das escaleiras, entre outras actuacións. “Este paso elevado presentaba algúns deterioros e así llo recordamos aos responsables de ADIF, aos que entregamos un proxecto elaborado dende o Concello e no que se contemplan as tarefas que é preciso acometer para que a estrutura conte coas máximas garantías de seguridade para os peatóns que utilizan ese paso sobre a vía férrea”, recalcou Ferreiro. Así mesmo, no transcurso da reunión mantida esta mañá, os responsables de ADIF e os representantes do goberno local naronés continuaron analizando a viabilidade de levar a cabo outras actuacións plantexadas dende o Concello. Entre elas, continuarase estudando a posibilidade de construír un paso soterrado de uso exclusivo de peóns xunto á vía do tren na zona da rúa Ortega e Gasset, para comunicar os núcleos poboacionais de Freixeiro e Piñeiros na zona na que se localiza o apeadoiro do tren. Esta última sería unha intervención que suporía un importante investimento, tal e como se avanzou xa na xuntanza mantida anteriormente entre ambas partes, polo que se seguirá analizando, tanto dende ADIF como dende o Concello, tal e como se acordou, a viabilidade das opcións dispoñibles.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal