Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE FIRMA UN CONVENIO PARA CONTINUAR COA FORMACIÓN LABORAL DE PERSOAS CON SINDROME DE DOWN
Os beneficiarios son membros da asociación TEIMA
Narón, 27 de xaneiro de 2009.- O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, e a presidenta da asociación de enfermos de síndrome de Down “Teima”, Patricia Serantes, firmaron onte un convenio de colaboración que permitirá a esta entidade seguir ofrecendo formación laboral ós seus usuarios, nas instalacións do Concello de Narón. A principal beneficiaria será Margarida Amarelo, que xa viña desenvolvendo un programa de formación no departamento de Intervención, e coa renovación do convenio feita hoxe seguirá no mesmo posto. O convenio establece unha subvención de 11.700 euros anuais –dos que a Concellería de Servizos Sociais Xerais aporta 6.000€ e a Concellería de Formación Laboral os 5.700€ restantes- e recolle unha novidade importante respecto ó convenio do ano anterior: o acordo será por dous anos prorrogables automaticamente, sen necesidade de firmalo de novo no 2010. A asociación Teima ocuparase de seleccionar a outros usuarios que tamén se incorporarán ó Concello en virtude deste acordo. O Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, declarou que “é un honor poder seguir colaborando con esta asociación, e continuar coa labor que iniciamos fai dous anos e medio”. Blanco recalcou a importancia de integrar socialmente e laboralmente ás persoas con síndrome de Down, para que a súa vida sea o máis sinxela posible. O Concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Hermida, engadiu que dende o Concello apóstase por “axudar á formación e á mellora da calidade de vida destas persoas. Estamos moi contentos co traballo de Marga e queremos seguir nesta liña”, dixo. Pola súa banda, a responsable de Formación Laboral, a concelleira Paloma González, destacou as dúas vertentes que ten este convenio –a formativa e tamén a parte social- e incidíu na importancia de iniciativas coma ésta. A presidenta de Teima, Patricia Serantes, concluíu agradecendo ó Concello de Narón “a súa aposta pola integración das persoas con síndrome de Down, xa que para elas resulta moi importante que poidan aprender unha profesión nun lugar coma éste”. Serantes tamén recordou que “logo da formación, ven o emprego”, incitando ás administracións a reservar un número de prazas na súa oferta pública de emprego para persoas con minusvalías psíquicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal