Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO REUNIUSE ESTA MAÑÁ CO VICEPRESIDENTE E O RESPONSABLE DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A alcaldesa de Narón plantexou varias propostas ao vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e ao responsable provincial da área de Cultura, Xurxo Couto
Narón, 15 de outubro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o viceportavoz de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, reuníronse esta mañá na Deputación da Coruña co vicepresidente da entidade, Xosé Regueira, e o responsable da área provincial de Cultura, Xurxo Couto. A rexedora local plantexou aos representantes da administración provincial varios asuntos vencellados á cidade, entre eles o convenio pendente de asinar para acometer unha nova fase de rehabilitación do muíño de Xuvia. Sobre este tema Regueira informou a Ferreiro de que o acordo –que contempla unha achega económica- someterase a aprobación plenaria o vindeiro mes de novembro. Entre as actuacións abordadas na xuntanza con Regueira tamén se plantexou dende o concello a posibilidade de que a Deputación colabore nunha futura actuación na zona das pallozas do recinto do Trece, na parroquia de Sedes, a través da sinatura dun convenio, unha opción que Regueira se comprometeu a estudar. Ferreiro solicitou a Couto que, de cara a vindeiras anualidades, se recupere o mesmo importe que a administración provincial concedía dende a área de Cultura á cidade e convidouno a visitar Narón para coñecer de primeira man tanto as instalacións culturais como o intenso traballo que se está realizando na cidade en materia cultural. De cara ao futuro, a alcaldesa da cidade plantexou tamén a posibilidade de que ambas administracións rubriquen un acordo para promocionar o traballo que se realiza dende a Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón, unha proposta da que estudarán a súa viabilidade. Marián Ferreiro asegurou trala xuntanza que “confiamos en que a Deputación da Coruña respalde os proxectos presentados hoxe dende Narón, unhas iniciativas encamiñadas a continuar apostando polo patrimonio e a Cultura en xeral dende o noso concello, difundindo o gran labor que Narón leva realizando dende hai anos e que convertiu á cidade en todo un referente cultural”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal