Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA AS DÚAS FUNCIÓNS DA OBRA "FARIÑA" QUE SE REPRESENTARÁ NO PAZO EN DECEMBRO
O actor Xósé Antonio Touriñán forma parte do elenco que se subirá ao escenario para representar esta obra, cuxa adaptación escribiu o dramaturgo naronés José Luis Prieto
Narón, 23 de outubro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón ten á venda as entradas para o espectáculo "Fariña", unha adaptación da exitosa obra de Nacho Carretero e na que se aborda o tema do narcotráfico en Galicia a finais do século pasado. Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro, Cristina Iglesias, María Vázquez e Sergio Zarreta forman o elenco desta obra, dirixida por Tito Asorey e cuxa adaptación escribiu o dramaturgo naronés José Luis Prieto. As dúas funcións programadas serán o venres 13 de decembro ás 20.30 horas e o sábado 14 ás 20.00. O prezo das entradas é de 22 euros no patio de butacas e de 18 euros nos anfiteatros, podendo adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón: www.padroadodecultura.es. O espectador vivirá dende o primeiro momento a historia desta obra, presenciando dende o inicio como rapaces e veciños das vilas falan, mercan, consumen e manexan con soltura o tabaco de batea. O elenco de actores que participa na obra interpreta a decenas de personaxes, vivindo situacións cargadas de humor e nas que as familias, un alcalde corrupto e unha verbena financiada ou os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas centran as diferentes tramas. O acento colombiano e marroquí escoitarase ao longo desta obra, na que tamén haberá bromas e bravuconadas e donde as drogas toman o control e aparece tamén a traxedia. Nais, rapaces afundidos e operacións policiais sucédense no escenario, no que se fai un percorrido deste escuro capítulo de Galicia dende un punto de vista único. Ao final da obra, que ten unha duración de hora e media, o espectador sacará unha serie de conclusións cunha eficacia inédita.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal