Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO (AECC) E A ASOCIACIÓN DE EXALCOHÓLICOS FERROLTERRA (AEF)
A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá os novos convenios de colaboración do Concello de Narón cunha representación das entidades Asociación Española contra o cancro e Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra. Na sinatura estivo presente tamén o edil de Sanidade, Santiago Galego
Narón, 25 de outubro de 2019. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá dous novos convenios de colaboración do Concello cunha representación das entidades Asociación Española contra o cancro (AECC) e Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra (AEF). O importe conxunto de ambos convenios ascende a 4.000 euros. Na sinatura dos convenios estivo tamén o edil de Sanidade, Santiago Galego. A Asociación Española contra o cancro (AECC) manterá o compromiso de colaboración co goberno local para desenvolver obradoiros ocupacionais como subprograma propio dentro do “Programa de atención integral ao enfermo de cancro”. O obxectivo principal das actividades desenvolvidas neste programa é potenciar e facilitar o exercicio físico ao paciente durante e despois dos tratamentos, amosando ás persoas participantes a importancia do exercicio para o seu estado de saúde e concienciando do feito de que un exercicio axeitado pode mellorar a propia percepción de saúde. En canto ao acordo asinado coa Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra (AEF) o obxectivo xeral é desenvolver o programa “Prevención de recaídas” para posibilitar a preparación de condutas de afrontamento ante determinadas circunstancias e por en marcha técnicas de autocontrol, de resolución de problemas, de diminución da ansiedade e de reestruturación cognitiva así como aumentar a probabilidade de abstinencia a longo prazo mediante cambio de hábitos e vida saudable cunha especial atención á utilización de técnicas motivacionais. A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o labor que realizan ao longo do ano estas entidades e expresou o respaldo do equipo de goberno desta cidade no futuro para seguir traballando nesa líña.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal