Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA VINTENA DE REPRESENTANTES DO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL PARTICIPARÁN MAÑÁ NO OBRADOIRO "PRODUTOS DA RÍA: MARISCOS"
A iniciativa enmárcase no programa municipal Narón Gastronómico, que inclúe outras propostas para as vindeiras semanas
Narón, 28 de outubro de 2019. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá mañá o obradoiro “Produtos da ría: mariscos”, no que participarán un total de doce establecementos de hostalería da cidade, a través de algo máis dunha vintena de persoas. A convocatoria será a partir das 17.30 horas e rematará sobre as 20.00 horas, e a persoa encargada de impartilo será Miguel Ángel Campos, presidente do Grupo Nove, cociñeiro e propietario do restaurante A Gabeira, establecemento con 1 Sol Repsol e incluído na prestixiosa Guía Michelin entre os Bib Gourmand dende 2018. Durante dúas horas e media os participantes neste obradoiro terán a oportunidade de coñecer da man deste prestixioso empresario e cociñeiro como se elaboran diferentes especialidades a base de marisco. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, recordou que esta iniciativa, enmarcada no Club Narón Gastronómico, “permitirá ofrecer asesoramento aos hostaleiros da cidade a través dun profesional do sector, o que redundará nos seus propios establecementos e nos permitirá ademais potenciar o consumo e as múltiples posibilidades culinarias que ofrece o marisco da nosa ría”. A vindeira proposta que se levará a cabo a través do Club Narón Gastronómico serán as Xornadas do Marisco da Ría “Os sabores da Ría no prato”, que terán lugar de xoves a domingo, do 14 ao 17 e do 21 ao 24 de novembro e nas que xa se inscribiron catorce establecementos de hostalería da zona urbana e rural. Os produtos protagonistas serán cinco especies da ría que se poderán degustar nos citados establecementos: ostra salvaxe, zamburiña, ameixa rubia, mincha e carneiro. Finalmente terá lugar un showcooking o venres, 29 de novembro a partir das 19.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, con entrada libre ata completar aforo e con degustación. “Creacións con marisco a 4 mans” é o título desta proposta, tamén protagonizada polos mariscos da nosa ría, versionados por Beatriz Sotelo e Iñaki Bretal, dous recoñecidos cociñeiros galegos que aportarán a súa creatividade e a impronta propia dos seus territorios de orixe, contrapoñendo o xeito de preparar o marisco no norte e no sur de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal