Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU OS DIPLOMAS AO ALUMNADO QUE PARTICIPA NO PROXECTO "TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS"
Marián Ferreiro desprazouse ao colexio Virxe do Mar coa concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, para entregar os diplomas a alumnado de quinto curso de Primaria
Narón, 28 de outubro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse esta mañá ás 11.00 horas ao colexio Virxe do Mar para acudir ao acto de entrega de diplomas a vinte e seis nenas e nenos de quinto curso de Primaria que participan no proxecto Titorización Entre Iguais (TEI). Ferreiro encargouse de entregar os diplomas aos rapaces e rapazas que ao remate do acto coñeceron aos seus “titorizados”, alumnado de terceiro curso de Primaria. O alumnado de quinto é a segunda promoción deste centro que recibe o diploma, despois de que un grupo de compañeiros e compañeiras recibisen a mesma acreditación o pasado curso. Os nenos e nenas de máis idade titorizan aos de terceiro curso, elixidos a través do pertinente sorteo. O alumnado de quinto ensinará valores e normas de convivencia aos seus compañeiros e compañeiras, co obxectivo de acadar a “tolerancia cero” en tódolos ámbitos da violencia, tanto a nivel escolar como no día a día da nosa sociedade. A través deste programa de Titorización Entre Iguais os escolares fórmanse nunha técnica innovadora contra a violencia escolar, para ofrecer axuda no caso de detectar problemas de convivencia e previr o acoso ou bullyng. Marián Ferreiro agradeceu á dirección do colexio Virxe do Mar a invitación ao acto celebrado e destacou o labor de tódalas persoas que participan no programa de Titorización Entre Iguais. A alcaldesa da cidade incidiu na necesidade de que a sociedade teña moi presente “o respecto e a empatía á hora de relacionarse nos diferentes ámbitos” e recordou que “temos que seguir traballando todas e todos, xuntos, para previr condutas e comportamentos inaxeitados non só nas aulas, senón tamén fóra dos centros de ensino, porque non debemos tolerar ningunha manifestación de violencia”. Ao remate do acto a alcaldesa e a concelleira de Ensino realizaron unha fotografía de grupo co alumnado de quinto de Primaria –titores- e o de terceiro de Primaria –titorizados- e animounos a continuar facendo do colexio Virxe do Mar un referente a través deste programa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal