Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OBRAS AO "XI CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN" REMATARÁ ESTE XOVES
O certame repartirá 2.850 euros en premios e o acto de entrega dos mesmos terá lugar o 23 de novembro, coincidindo coa festividade do Día de Narón, no Pazo da Cultura
Narón, 29 de outubro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón pechará o este xoves, día 31, o prazo de presentación de obras á undécima edición do “Concurso de Pintura Cidade de Narón”. Así o indicou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, que recordou que o fallo do certame terá lugar o 15 de novembro e os premios entregaranse o 23 de novembro, coincidindo co Día de Narón, festividade local, no Pazo da Cultura. O certame repartirá unha partida total de 2.850 euros en premios. Poderán presentarse obras en dúas categorías, unha dirixida a persoas adultas, a partir de 16 anos, e outra infantil, ata 15 anos, se ben esta última será un certame fóra do propio concurso. Os premios da categoría adulta serán de 1.500 euros para o traballo mellor valorado por un xurado especializado; 750 para o segundo premio e 400 para o terceiro. A maiores, ao igual que en edicións anteriores, entregarase o Premio Especial Francisco Criado, valorado en 200 euros e que se convoca en recordo ao falecido pintor local Francisco Criado, que foi veciño da parroquia naronesa de San Xiao, donde se celebrou por primeira vez este certame. A obra gañadora pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura e o autor ou autora non poderá presentarse ás dúas vindeiras edicións deste concurso, se ben terá dereito a unha exposición de quince días da súa obra no Pazo da Cultura naronés. As persoas cuxas obras resulten seleccionadas para a fase final do certame recibirán un diploma acreditativo e verán tamén as súas obras expostas no Pazo do 11 ao 23 de novembro. Cada autor pode presentar unha obra, que debe ser orixinal, entregar sin sinatura e con técnica e estilo libres, tal e como se contempla nas bases do certame. As obras deben entregarse nas instalacións do Pazo da Cultura (rúa Holanda, s/n; 15.570, Narón), en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00. As bases ao completo do certame poden consultarse a través da páxina: http://www.naron.es/web/docs/Diptico_XI_concurso_pintura.pdf.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal