Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REUNIÓN COAS ANPAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS PARA ABORDAR AS SÚAS NECESIDADES
O Alcalde pide á Xunta máis colaboración para mellorar as instalacións dos centros escolares de Narón
Narón, 4 de febreiro de 2009.- O Concello de Narón acolleu esta mañá unha xuntanza entre os responsables municipais de Educación e as Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) dos centros públicos do municipio. A Concelleira de Educación, Manuela Pérez Sequeiros, explicou ás ANPAS que o goberno municipal ten previsto invertir neste ano máis dun millón de euros en obras de mantemento dos colexios de Narón. O presidente da ANPA de O Feal, Salvador Basoa, amosouse molesto polo feito de que a Xunta non preste a atención debida a estos colexios. “Non se pode permitir que o Concello esté a facer un esforzo inversor enorme, e a Xunta non aporte nada”, sinalou. A este respecto, o Alcalde de Narón, Xose Manuel Blanco, tendeu de novo a man á Consellería de Educación “para firmar os convenios que faga falta, co fin de que a Xunta invirta nos colexios públicos de Narón. Estamos dispostos a chegar ós acordos precisos e buscar os cartos necesarios, pero ten que haber un compromiso firme por parte da Consellería de Educación”, dixo. O rexedor lembra que esta é a segunda vez que se lle fai unha oferta así á Xunta, xa que o anterior alcalde, Xoán Gato, tamén fixo una proposta similar e aínda estase a agardar por unha resposta. Coñecedores de que as necesidades dos colexios públicos son moitas, o Alcalde e a Concelleira de Educación reclamaron hoxe á Xunta “que elabore un plan no que se establezcan as actuacións prioritarias que debería desenvolver a administración autonómica en Narón”, sinalou Xose Manuel Blanco. Nembargantes, Manuela Pérez Sequeiros amosouse decepcionada coa actitude do goberno da Xunta “e temos a sensación de levar 15 meses perdidos, xa que non fan nada en Narón. Estamos dacordo coas necesidades que prantexan as ANPAS, e a Xunta debería facerse cargo de cuestións coma o financiamento dos comedores escolares, nos que estamos aportando dende o Concello 70.000 euros anuais aínda que non é a nosa obriga”, dixo. Respecto a novos proxectos, o Alcalde asegurou que o Concello ten lista -dende o pasado 29 de xaneiro- unha memoria para a cubrición da pista do Colexio Virxe do Mar, para entregarlla á Xunta no momento en que se decida a invertir neste centro escolar. Xose Manuel Blanco tamén explicou que dende o Concello xa se autorizou á Xunta a construir o comedor escolar do Colexio de O Feal “aínda que con determinadas condicións que deben cumplir, xa que o proxecto non se axustaba totalmente á legalidade”. O rexedor anunciou que a Consellería de Educación pode empezar “cando quera” as obras deste novo servizo. Por outra banda, dende as ANPAS de Narón agradeceuse ó Concello “a boa xestión que fixo os días posteriores ó temporal, xa que na primeira semana tódolos desperfectos dos colexios do municipio foron reparados”, comentou Salvador Basoa. En relación con este asunto, Xose Manuel Blanco lembrou que “a prioridade para o Concello foi restablecer o orde nas estradas e nos colexios”. Blanco felicitou ás ANPAS “polo traballo tan importante que estades a facer de xeito desinteresado” e asegurou que “a Educación é un tema prioritario para o Concello de Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal