Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECOLLEU ONTE EN MADRID O PREMIO Á "PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE DENDE A INICIATIVA DO SECTOR PÚBLICO"
Marián Ferreiro recibiu o galardón concedido pola Fundación España Activa ao programa "100.000 Motivos de Peso", pola implicación do Concello nesta iniciativa
Narón, 28 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recolleu onte en Madrid o Premio á “Promoción da actividade física e o deporte dende a iniciativa do sector público” concedido ao Concello polo programa “100.000 Motivos de Peso” pola Fundación España Activa. O galardón recoñece os obxectivos deste programa, en canto a acadar o benestar da poboación e a mellora da súa calidade de vida promocionando a actividade física, entre outros hábitos, e implicando ao movemento asociativo, ao sector sanitario e educativo e a empresas para que as veciñas e veciños adquiran hábitos de vida saudables. O premio entregouse no transcurso da “III Gala de Premios da Fundación España Activa”, que tivo lugar onte á noite no Hotel Westing Palace e á que acudiron representantes da vida política, empresarial e cultural, entre outros. Unha das integrantes do Comité Olímpico Internacional, Marisol Casado, foi a persoa encargada de entregarlle o premio á alcaldesa de Narón. Ferreiro recoñeceu que era “un honor acompañarvos esta noite na terceira edición da Gala de Premios Fundación España Activa”, para a continuación agradecer o recoñecemento concedido a Narón. “O programa 100.000 Motivos de Peso é un éxito grazas á total implicación das veciñas e veciños de Narón, sempre dispostos a participar nas iniciativas que impulsamos dende o Concello ou nas que colaboramos e encamiñadas, neste caso, a fomentar a práctica do deporte e a alimentación saudable”. “Deporte e saúde van da man no programa “100.000 Motivos de Peso”, a través do que nos marcamos o reto de perder 100.000 quilos de peso entre toda a poboación nun prazo de dous anos e do que xa transcurriu ano e medio”, recordou a alcaldesa. Ferreiro recalcou que “cumprir ese obxectivo está cada día máis preto grazas precisamente a esa implicación da cidadanía e dos profesionais sanitarios e expertos en expertos en nutrición que colaboran no programa”. O presidente da Fundación España Activa, Jaime Lissavetzky, pechou o acto tras entregar os cinco premios concedidos no transcurso da “III Gala de Premios da Fundación España Activa”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal