Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CRA DO VAL PARTICIPA NA ELABORACIÓN DUN MURAL SOBRE A DEFENSA DAS ESCOLAS RURAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que a actividade se enmarca no Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola que se oferta dende o Concello aos centros educativos da cidade
Narón, 11 de decembro de 2019. O alumnado do CRA do Val participa estes días nunha actividade do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola que oferta o Concello naronés aos centros de ensino da cidade. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, desprazouse ata o CRA do Val para ver o traballo que realizan os escolares, un mural no patio cuberto baixo a temática da defensa das escolas rurais e todos os valores que transmiten e no que colabora –no deseño e na elaboración- o artista local Leandro Lamas. Taibo explicou que a través deste programa municipal “apóstase por decorar espazos dos centros de ensino a través da pintura e cun traballo comunitario, no que participa todo o alumnado”. Así mesmo, asegurou, “este tipo de propostas fomentan tanto a creatividade artística dos escolares como o traballo en grupo e a toma de decisións, algo moi importante na súa educación”. O mural do CRA do Val comezou a realizarse este mesmo mes de decembro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal