Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA UN COMPLETO PROGRAMA DE NADAL CON PROPOSTAS DIRIXIDAS A PERSOAS DE TÓDALAS IDADES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentaron esta mañá o programa "Narón Nadal 2019", que se desenvolverá ata o 5 de xaneiro na cidade
Narón, 11 de decembro de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentaron esta mañá o programa “Narón Nadal 2019”, que inclúe unha trintena de propostas dirixidas a persoas de tódalas idades e que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro. O Concello e o Padroado da Cultura deseñaron un programa con diferentes actividades: eventos puntuais destas datas; obradoiros e campamentos con inscricións previas e programación específica de Nadal do Padroado. A alcaldesa explicou que nos colexios de Infantil e Primaria públicos e concertados repartiranse entre hoxe e mañá 4.000 cuadrípticos con toda a programación e tamén se levarán ás entidades veciñais, estando a disposición da cidadanía no Punto de Información do Concello, na planta de acceso. Ferreiro e Hermida convidaron ás veciñas e veciños de Narón, e doutros concellos, a “desfrutar destas festas de Nadal na nosa cidade, con propostas dirixidas a persoas adultas pero tamén a mozas e mozos e a menores, para que todas e todos poidan gozar coas diferentes actividades programadas”. O acendido do alumeado de Nadal na cidade marcou o pasado día 5 o inicio dos actos programados para estas datas na cidade e que continuarán este sábado, día 14, coa primeira edición da “Exaltación gastronómica do marisco da ría”, na que colaboran a Confraría de Barallobre e a Asociación de Percebeiros de Meirás que terá lugar na Praza de Galicia de 12.00 a 22.00 horas, período no que se poderán degustar a prezos populares diferentes elaboracións con produtos da ría. A maiores, haberá música e tamén obradoiros infantís entre as 12.00 e as 20.00 horas. Tamén este sábado será a Festa do Apego, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas no Auditorio municipal (con entrada de balde ata completar o aforo). Esta última proposta diríxese a nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias e inclúe contacontos teatrais, música e un espazo de xogos. A programación desta semana rematará o domingo día 15, coa celebración do Mercado de 2ª Man, tamén na Praza de Galicia, entre as 10.30 e as 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e donde se poderán adquirir produtos de segunda man e, ao tempo, colaborar doando alimentos non perecedoiros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. A Xornada Moteira solidaria alcanzará o sábado 21 deste mes a súa undécima edición. Ás 16.30 horas sairá Papá Noel nunha moto e acompañado dunha comitiva de moteiros e moteiras chegará á Praza de Galicia ás 17.30 horas, donde recibirá aos nenos e nenas que se acheguen a velo. O Moto Club Fojeteiros o Concello de Narón e o Centro de Recursos Solidarios van da man nesta iniciativa, na que se recollerán roupa, xoguetes e alimentos non perecedoiros para o Centro de Recursos Solidarios. Pola noite, tamén o día 21, celebrarase a partir das 22.00 horas na Praza de Galicia “Rock Narón”, con entrada de balde e coas actuacións de Alma de Piedra, Black Jack e Claxxon. O público infantil terá o día 26 unha cita co espectáculo “Uxía lambona e a banda molona”, a partir das 17.00 horas na Praza de Galicia (entrada de balde) e tamén dende o 26 e ata o 29 deste mes poderá viaxar no Navitren que se porá en marcha en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. O vehículo realizará percorridos de media hora, entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas dende as inmediacións do Concello ata a igrexa de Santa Rita (Xuvia) e do Concello ata Freixeiro dando a volta na Ponte das Cabras. A festa de Fin de Ano e benvida do Aninovo celebrarase na madrugada do día 1 de xaneiro, a partir das 01.00 horas, na Praza de Galicia (entrada de balde) e coas actuacións da orquestra Capitol e dun DJ. O programa festivo pecharase o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata Solidaria, con saída ás 17.00 horas das carrozas participantes dende a explanada ubicada fronte a Megasa –na estrada de Castela- ata a Praza de Galicia, donde os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, e o Rei da Solidariedade, Artabán, recibirán aos nenos e nenas. A maiores destas propostas, continuará desenvolvéndose o programa Prazas Vivas, que se iniciou a finais do pasado mes de novembro e con citas previstas este venres no Couto -16.30 a 18.30 horas-; o sábado no Val -11.00 a 13.00-; o día 20 en Xuvia -16.30 a 18.30- e o 21 en Freixeiro -16.30 a 18.30-. Así mesmo, do 23 de decembro ao 3 de xaneiro desenvolveranse na Aula Cemit de Xuvia e nas parroquias do rural as sesións do programa municipal INDI (Informática Divertida) para nenos e nenas de 8 a 12 anos e tamén nesas datas, o programa DeporNadal, para menores de 6 a 12 anos. A Casa da Mocidade acollerá “Imos cantar o Nadal” o 19 de decembro, para menores a partir de 4 anos e as súas familias e do 21 ao 27 o obradoiro xuvenil “Non quedes na casa no Nadal”, para rapazas e rapaces de 13 a 18 anos. Estas catro propostas requiren inscrición previa. A programación do Pazo nestas datas inclúe o día 20 “El Pekemusical de Navidad”, da compañía Tertulia Producciones, ás 18.00 horas; o día 21 o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, ás 20.00; o 22 góspel, con “The Mississippi mas Choir, ás 19.00 horas e o sábado 28 o tradicional concerto de Fin de ano, ás 20.00 horas, a cargo da Asociación Cultural Musical Sementeira. Toda a programación pode consultarse a través das webs do Concello: www.naron.es e do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Descarga de archivos
Programación Nadal Narón 2019
Tamaño:2,74 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal