Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA INCRIBIRSE NA "I ANDAINA POLO BENESTAR ANIMAL"
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que a cita terá lugar o vindeiro 22 de decembro na zona do paseo marítimo de Xuvia
Narón, 13 de decembro de 2019. O Concello organiza, a primeira edición da “"Andaina polo benestar animal"”, que terá lugar o 22 de decembro na zona de Xuvia. Trátase dunha iniciativa de Indican, unha asociación sen ánimo de lucro, e na que colaboran diversas empresas e tamén a Mancomunidade de Concellos de Ferrol. O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, que presentou a convocatoria con Lorena Fernández, presidenta de Indican, explicou que as persoas interesadas en participar deben inscribirse (de balde) no Rexistro municipal do Concello (de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas) ata o vindeiro día 19. Dende o Consistorio convídase a participar a particulares e tamén a asociacións protectoras de animais para que difundan o labor que realicen e colaboren nesta campaña. A mesma, consta de cinco pilares reivindicativos: sensibilización e promoción sobre a adopción (previa á merca), a obriga da implantación do microchip nos cans, a esterilización e os seus beneficios para controlar a reproducción e dar a coñecer a normativa de tenza de animais potencialmente perigosos e desmitificar a súa condición, así como a prohibición de ter os cans permanentemente encadeados, tal e como apuntou Galego. A cita dará comezo ás 10.00 horas e desenvolverase ata as 13.00 horas na zona do paseo marítimo de Xuvia, donde se realizará un percorrido circular a pé con saída da rúa Marcial Calvo e chegada ao mesmo punto. As persoas que participen poden levar cans, aínda que non é un requisito imprescindible, podendo acudir igualmente sen eles. Para poder inscribirse é preciso que os donos dos animais acrediten que éstes teñen implantado o microchip e presentar fotocopia do pasaporte europeo ou cartilla sanitaria, de ser o caso, onde conste inequívocamente o número do microchip do animal. No caso de levar animais de raza considerada potencialmente perigosa esixirase para anotarse a presentación de licenza, rexistro municipal correspondente e copia da póliza de seguro de responsabilidade civil. A recollida de dorsais terá lugar media hora antes do inicio da andaina e todos os participantes recibirán un agasallo, tal e como indicou o edil. Lorena Fernández agradeceu a “aposta activa do Concello de Narón pola sensibilización e concienciación, tan necesarias, e quizáis máis neste tema de benestar animal”. “Neste Concello apóstase a todos os niveis e isto é un claro exemplo de que, como dicimos sempre, cada acción conta, por moi pequena que sexa”, subliñou. Galego agradeceu finalmente a colaboración de empresas e asociacións que colaboran, xunto coa Mancomunidade de Concellos de Ferrol nesta convocatoria e convidou á cidadanía a participar nesta andaina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal