Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REPRESENTANTES DO GOBERNO LOCAL REUNÍRONSE CO DIRECTOR DO IGAPE PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE POLIGAL
O primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, e os portavoces de TEGA, Román Romero, e PSOE, David Pita, interesáronse ante Juan Cividanes polas xestións realizadas pola Xunta
Narón, 21 de decembro de 2019. O primeiro tenente de alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, o edil de Xestión Orzamentaria e portavoz de TEGA, Román Romero, e o edil de Promoción Económica e portavoz do PSOE, David Pita, mantiveron onte unha xuntanza co director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Juan Cividanes, para interesarse polas xestións realizadas pola Xunta sobre a empresa Poligal. A xuntanza solicitouna a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que por motivos de axenda non puido acudir onte á convocatoria. Sánchez Fojo explicou que Cividanes lles explicou que trala paralización por parte do xuíz do concurso de acreedores, é preciso esperar ao ditame e fallo xudiciais para que o Igape poida realizar algunha xestión respecto á empresa. A maiores, o representante do citado organismo autonómico asegurou que dos 113 traballadores da empresa un total de 49 están actualmente empregados, dez están asistindo a cursos de formación e dos restantes non lles consta a súa actual situación laboral ou formativa. Finalmente os representantes do goberno local naronés trasladaron a Cividanes que o Concello continuará pendente de todos os trámites que se realicen respecto ao futuro das persoas que formaban o plantel da compañía e reiteraron o ofrecemento da súa colaboración na procura de solucións tralo peche da empresa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal