Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APROBA UN INVESTIMENTO DE 600.944 EUROS PARA MELLORAS EN ACCESIBILIDADE E ACONDICIONAMENTO DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
O pleno celebrado esta mañá no Concello aprobobu tamén una serie de acordos relativos ao proceso do saneamento
Narón, 26 de decembro de 2019. O pleno aprobou na sesión celebrada esta mañá, cos votos favorables do bipartito naronés –TEGA e PSOE- as obras a incluír no Plan Complementario 2020 da Deputación da Coruña, que suporán un investimento de 600.944 euros. Con cargo a esta contía, tal e como explicou o edil de Xestión Orzamentaria, Román Romero, procederase a mellorar a accesibilidade dos pavillóns polideportivos Campo da Serra e As Lagoas, a do Complexo polideportivo da Gándara, acometeranse tamén obras de accesibilidade e reforma da rúa Marcial Calvo, en Xuvia, e o acondicionamento dun edificio na Gándara para fomento e apoio de actividades deportivas –un inmoble xunto ás instalacións do Club de Remo que se habilitará como ximnasio e zona de vestiarios- e acondicionaranse o edificio de servizos da Feira do Trece e o local para o Club de Piragüismo. Estas actuacións enmárcanse nunha moción aprobada esta mañá, tratándose de actuacións que os propios grupos da oposición calificaron de “necesarias” e contaban cos informes pertinentes para someterse a aprobación plenaria, tal e como recalcou a alcaldesa, Marián Ferreiro. En canto ao proceso de saneamento, o edil de Xestión Orzamentaria explicou que Narón aboará a Ferrol 705.989,09 euros pola prestación do servizo no citado período “coas salvedades e expresa reserva de accións derivadas da ausencia de xustificación documental da existencia dun título xurídico válido para a efectiva prestación do servizo por parte do Concello de Ferrol entre o 3 de abril e o 1 de agosto de 2017 e pola mercantil Emafesa”. O importe a abonar a Ferrol por parte de Narón a través do recoñecemento extraxudicial realizarase polo citado importe, contía que, tal e como indicou Romero, é a que dende Cosma se considera xustificada sobre os custes de explotación da EDAR de Cabo Prioriño e da EDAR da Malata entre os meses de abril de 2017 e maio de 2018, informes subscritos polo xefe de Servizos Externos. Dende o Concello naronés manifestouse o desacordo coa cuantificación realizada sobre os custes de abril de 2017 a maio de 2018 reclamados dende Ferrol -845.715 euros- instando a este último Consistorio a revocar o acordo adoptado no pleno do pasado mes de novembro na contía non recoñecida extraxudicialmente por Narón –os restantes 139.725 euros-. O motivo é a falta de formación dun convenio de colaboración entre ambas administracións locais “que delimite as obrigas e dereitos de cada unha das partes”. O pleno instará ao Concello de Ferrol á rectificación/convalidación do acordo plenario de 28 de novembro de 2019 no que atinxe ás cuantificacións de débeda remitidas respecto aos períodos comprendidos entre o mes de maio e decembro de 2018; e xaneiro a xuño de 2019, pola omisión do trámite de audiencia a esta administración. Así mesmo, dende Narón proponse a inmediata constitución dun órgano ou comisión interadministrativo/a integrado polo persoal de ambos concellos e das sociedades mixtas xestoras dos servizos de abastecemento de augas en ambos municipios para “determinar os custos efectivos dos servizos prestados que minimicen ou eliminen as diferencias actualmente existentes nas valoracións efectuadas”. Román Romero subliñou que “dende que Narón comezou a facer uso deste servizo sempre amosou a súa vontade de pagar pola prestación do mesmo e de estar en contacto permanente co Concello de Ferrol para establecer as contías a pagar, pero a outra parte non tivo esa mesma vontade e de aí este retraso nos pagos, ao que se suma un retraso de máis dun ano en contestar ás alegacións, tan só o fixeron respecto a algunhas, das presentadas en tempo e forma polo Concello de Narón”. No pleno aprobouse tamén a modificación dos estatutos da Asociación de Entidades pola lingua galega e unha moción do grupo municipal do BNG a prol do movemento LGTB, ambas coa abstención dos edís do PP.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal