Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EVA CASTRO E ARÁNZAZU GARNELO, GAÑADORAS DAS DÚAS ÚLTIMAS CESTAS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
Unha veciña de Xuvia e outra de Ferrol recibiron as dúas últimas cestas sorteadas que entregou esta tarde no Concello o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 30 de decembro de 2019. A Libraría Galicia e o establecemento Bioreona acolleron o pasado venres, día 27, o sorteo das dúas últimas cestas con produtos de Nadal da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. Nesta ocasión, as persoas afortunadas foron Eva Castro, veciña de Xuvia, e Aránzazu Garnelo, veciña de Ferrol. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou esta tarde as cestas –con produtos valorados en 150 euros cada unha delas- ás gañadoras, ás que felicitou polo agasallo e agradeceu a confianza depositada nos establecementos naroneses donde realizaron as súas compras para participar nesta iniciativa, impulsada polo Concello e na que colabora a Asociación de Comerciantes de Narón e tamén participan establecementos non adheridos a esta entidade. A campaña sorteará tamén premios en metálico, un vale de 500 euros e dous de 300 euros, cuxa entrega está prevista para o vindeiro 13 de xaneiro. Participarán no sorteo as persoas que realicen as compras nos comercios adheridos a esta iniciativa e deberán gastar o importe do premio en alomenos tres dos citados establecementos. Pita animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a realizar compras nos pequenos comercios da cidade, donde novamente este ano teñen a oportunidade de optar a diferentes premios, concretamente aos vales dado que as catro cestas con produtos de Nadal xa as recibiron os gañadores dos sorteos celebrados. Así mesmo, o concelleiro naronés destacou o éxito da campaña Navitrén, impulsada dende a Asociación de Comerciantes de Narón en colaboración co Concello, unha proposta que, tal e como apuntou Pita “tivo novamente un gran éxito de acollida nos catro días que estivo operativo, do 26 ao 29 de decembro, con algo máis de 1.200 persoas viaxando e chegando a esgotar os tickets na xornada de onte pola mañá”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal