Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DE NARÓN E ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS IMPARTIRÁN UN OBRADOIRO SOBRE "SEGURIDADE VIARIA INTERXERACIONAL"
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que a cita terá lugar mañá pola mañá nas instalación da Fundación Terra de Trasancos, entidade que tamén colabora nesta iniciativa
Narón, 16 de xaneiro de 2020. As instalacións da Fundación Terrra de Trasancos, no Val, acollerán mañá un “Taller de Seguridade Viaria interxeracional” no que participarán persoas maiores e tamén nenas e nenos. A convocatoria terá lugar a partir das 11.30 horas e dous alumnos do instituto das Telleiras serán os encargados de falar aos asistentes sobre “Medidas de seguridade ao camiñar”, unha intervención que se completará coa que ofrecerán Pedro Caneiro e Sonia López, axentes da Policía Local de Narón e integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello. O edil responsable da Concellería de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou a importancia de continuar programando este tipo de actividades “para informar á cidadanía sobre a importancia de levar á práctica condutas responsables como peatóns e tamén como conductores”. Os asistentes recibirán información sobre as condutas a aplicar como peatóns e como condutores, facendo especial incidencia en temas como a obrigatoriedade de cruzar polos pasos de peatóns, estar pendiente da regulación semafórica, poñer o cinturón de seguridade… Ao remate deste obradoiro os asistentes recibirán como agasallo un chaleco con bandas reflectantes para dar visibilidade aos peatóns e evitar posibles accidentes. Na iniciativa organizada polo Concello colaboraron, a maiores do IES das Telleiras, a Fundación Terra de Trasancos, aos que Romero agradeceu a súa implicación nesta actividade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal