Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO "OBRADOIRO DE CREACIÓN DE MANDALAS" ORGANIZADO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que a actividade, para a que é precisa inscrición previa, terá lugar este sábado día 25 a partir das 11.00 horas
Narón, 22 de xaneiro de 2020. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que aínda queda algunha vacante para participar no Obradoiro de creación de mandalas que se celebrará este sábado, día 25, na Biblioteca municipal. A actividade diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos e que deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendentes. O obradoiro dará comezo ás 11.00 horas, se ben é preciso inscribirse previamente na propia Biblioteca, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura, tal e como recordou a edil naronesa. A actividade organizouse con motivo do Día da Ilustración e coincidindo co aniversario do nacemento do dramaturgo, narrador e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao conmemorarase esta data practicando cos nenos e nenas a técnica ilustrativa dos mandalas, orixinaria da India. Os menores deseñarán os seus propios mandalas –que parten de formas xeométricas- e decorarannos coas cores que elixan para, ao rematar a actividade, según explicou Taibo, colocar todos os deseños nun mural común que permanecerá exposto na Sala infantil da Biblioteca municipal.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es