Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN SETE CURSOS DA ÁREA DE NOVAS TECNOLOXÍAS
As persoas interesadas en inscribirse nestas accións formativas que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia poden facelo a partir de mañá venres a través da plataforma Cemit
Narón, 23 de xaneiro de 2020. A Aula Cemit de Xuvia acollerá sete cursos que se impartirán entre os meses de febreiro e outubro deste ano. Así o avanzou a concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que anunciou que o prazo para anotarse nos mesmos abrirase mañá venres, día 24. As persoas interesadas en inscribirse –hai doce prazas para cada unha das accións formativas- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48. Hermida indicou que os cursos previstos son: Ofimática, curso preparatorio exame Codix (240 horas), que se impartirá en horario de mañá entre o 3 de febreiro e o 30 de abril; Internet e informática básica (160 horas), polas tardes do 3 de febreiro ao 31 de marzo; Ofimática avanzada (160 horas), polas mañás entre o 4 de maio e o 30 de xuño; Edición de imaxes con GIMP (80 horas), en horario de tarde e do 4 ao 29 de maio; Internet e as súas utilidades seguras (84 horas), polas tardes do 1 ao 30 de xuño; Contabilidade e RRHH (172 horas), en horario de tarde do 1 de setembro ao 30 de outubro, e outro sobre Ofimática, curso preparatorio exame Codix (172 horas), en horario de mañá entre o 1 de setembro e o 30 de outubro. “Na Aula Cemit ofértanse oitenta e catro prazas para estes sete cursos, que suporán en conxunto algo máis de mil horas formativas dirixidas a calquera persoa interesada en formarse sobre Novas Tecnoloxías”, apuntou Hermida. A edil naronesa recalcou que a admisión do alumnado se realizará, como é habitual nesta convocatoria, por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da número trece (superando a oferta de prazas á demanda) estas considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa, unha posibilidade que, de cumprirse, se comunicaría telefonicamente dende o Concello. O Concello continúa sendo recoñecido como Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia). A elevada actividade que se desenvolve nesta aula ao longo do ano é un dos aspectos que se valorou á hora de conceder esta distinción, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías, que destacou o traballo que se está levando a cabo ano tras ano na área de Novas Tecnoloxías a nivel municipal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal