Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA CELEBRARON ESTA MAÑÁ UN ACTO CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
Alumnas e Alumnos dos centros de ensino naroneses, colexio Ayala e IES As Telleiras, participaron na cerimonia do acendido das velas en recordo das vítimas do Holocausto e visitaron a exposición "Galegos en Mauthausen"
Narón, 27 de xaneiro de 2020. O alcalde acc. de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu hoxe, no salón de Plenos do Concello, o acto institucional de acendido de velas en recordo das vítimas do Holocausto, que se conmemora cada 27 de xaneiro, iniciativa na que participaron 25 alumnas e alumnos de cuarto curso de ESO do colexio Ayala e 18 de Bacharelato do IES As Telleiras, centros de ensino da cidade. A este acto asistiron tamén a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, o presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, o historiador Enrique Barrera Beitia, representantes dos grupos políticos municipais, outros membros da corporación e profesorado dos centros de ensino. Así mesmo no acto participaron dous músicos da Asociación Cultural Musical Sementeira. Previamente, ás 11.00 horas na Biblioteca municipal, o alumnado participou nunha visita guiada á exposición “Galegos en Mauthausen”, na que estiveron acompañados por representantes do goberno local e representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática. Fojo agradeceu o labor que realiza a Asociación Memoria Histórica Democrática e a participación dos centros de ensino da cidade nestes actos e convidou ás veciñas e veciños de Narón e comarca a visitar a mostra que permanece exposta nos baixos da Biblioteca municipal porque “é unha parte da historia que non debemos esquecer e un xeito de renderlle homenaxe ás vítimas do holocausto entre as que había persoas da nosa comarca”

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal