Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EDIL DE ENSINO ACUDIU Á PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN DE ENTIDADES LOCAIS POLA LINGUA GALEGA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Concello de Narón é un dos vogais da nova entidade que traballa en prol da lingua galega e aposta pola colaboración con outras asociacións e organismos
Narón, 14 de febreiro de 2020. Unha delegación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, na que está representada o Concello de Narón como vogal, desprazouse esta semana á Deputación da Coruña para presentar á deputada provincial María Muíño, responsable da área de lingua, esta entidade e animar aos seus responsables a formar parte da mesma. O presidente da asociación é o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, que acudiu acompañado por representantes de diversos Concellos integrantes da mesma, entre eles o de Narón, dende donde se desprazou a edil de Ensino, Mercedes Taibo e tamén persoal dos de Ames e A Coruña. No transcurso da xuntanza tanto a deputada provincial como as representantes dos concellos mostraron a súa boa disposición a colaborar na medida do posible, “tanto para difundir o traballo da asociación como para desenvolver outras accións que fomenten o traballo colaborativo entre as distintas administracións que teñen competencias na promoción e na defensa da lingua galega”, tal e como indicou Taibo. A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega reuniuse nos últimos meses cos representantes doutras institucións, como foron as presidencias das deputacións provinciais de Pontevedra e Lugo, da Fegamp e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. En todos os casos, a creación da asociación foi recibida con entusiasmo, “xa que todos os organismos coincidiron en que o traballo en prol da lingua é, nestes intres, máis necesario que nunca”, subliñou a edil naronesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal