Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONTACONTOS "O GALO MANOLO E A PITA AGAPITA" CONVOCADO NO CENTRO CÍVICO DE PIÑEIROS TERÁ UNHA ÚNICA SESIÓN
Os menores de 3 a 6 anos interesados en asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico a.pita@naron.es
Narón, 19 de febreiro de 2020. O contacontos programado para a tarde do vindeiro venres en dúas sesións no Centro Cívico Social de Piñeiros, celebrarase finalmente nunha única sesión, que dará comezo ás 18.30 horas. Os nenos e nenas que queiran asistir ao contacontos “O galo Manolo e a pita Agapita”, programado dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello a través do proxecto Apego, poden anotarse a través do correo electrónico a.pita@naron.es, dado que aínda quedan algunhas vacantes para cubrir as trinta prazas dispoñibles. A actividade diríxese a menores de 3 a 6 anos (que deberán estar acompañados por unha persoa adulta), que poderán gozar deste contacontos ilustrado protagonizado por un galo e unha pita. A promoción da lectura, fomentar a expresión artística e a comprensión oral en galego e o desenvolver a creatividade dos menores forman parte dos obxectivos desta proposta. O contacontos centra a súa temática nunha historia de amor que sucede nunha granxa e que se encargarán de contar o galo Manolo e a pita Agapita, nunha proposta na que os menores interactuarán en todo momento cos autores da mesma, Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Ao realizar as inscricións deberanse facilitar a través do correo electrónico: a.pita@naron.es unha serie de datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou persoa que o acompañará, enderezo electrónico e número de teléfono de contacto. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal