Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO UN NOVO OBRADOIRO DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN EN TRANSICIÓN" SOBRE RECICLAXE DE PAPEL E PLÁSTICO
A convocatoria, para a que non é preciso inscribirse previamente, terá lugar o 26 de febreiro na Praza da Gándara, tal e como avanzou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 22 de febreiro de 2020. O Concello organiza a través do programa municipal “Narón en Transición” un novo obradoiro sobre reciclaxe de papel e plástico que terá lugar o vindeiro mércores, día 26, na Praza da Gándara. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que se trata dunha nova proposta da feira temática “Precius Plastic”, que se dirixe a persoas de tódalas idades e que se levará a cabo de 16.00 a 18.30 horas na citada ubicación. Galego animou á veciñanza a asistir á convocatoria, para a que tal e como indicou non é preciso inscribirse previamente. Baixo unha carpa instalarase todo o material preciso para desenvolver a actividade, que se ofrecerá de balde dende a organización ás persoas que acudan a esta convocatoria. Trátase, indicou o edil naronés de que as persoas que asistan tomen conciencia da crise do lixo, aprendan a pirámide do residuo, o significado da compostaxe, e tamén a reciclar follas de papel. Galego incidiu na importancia de que a cidadanía se implique en actividades como as programadas a través da iniciativa “Narón en Transición” para contribuír a coidar o medio ambiente e reducir a produción de CO2, responsable do quencemento global.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal