Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCARÁ EN ABRIL UNHA ACCIÓN FORMATIVA DE "PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que terán proioridade as persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocados pola Xunta
Narón, 1 de marzo de 2020. O Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá entre os meses de abril e maio un curso de Preparación de Competencias Clave nivel 2. A edil responsable da área, Natalia Hermida, recordou que á hora de realizar esta convocatoria terán prioridade as persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocados a través da Xunta de Galicia. Esa convocatoria da administración autonómica mantén na actualidade aberto –e ata o vindeiro 20 de marzo- o prazo de inscrición, tanto no nivel 2 como 3, debendo inscribirse as persoas interesadas preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na Sede Electrónica da Xunta (a través do enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365). Hermida avanzou que a previsión en Narón é abrir o prazo de inscrición no curso prepatatorio de Competencias Clave nivel 2 –Matemáticas, Lingua española e Lingua galega- o día 8 de abril. Ao estar previsto iniciar o curso o 24 de abril e rematalo o 15 de maio, xusto o día seguinte, o 16, poderían presentarse ao exame que a Xunta convocou en Silleda para aprobar as competencias clave de nivel 2 e 3, válido para acceder aos niveis de profesionalidade 2 e 3.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal