Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA DESIGNAR AOS PRESIDENTES E VOGAIS DAS MESAS ELECTORAIS DO 5 DE ABRIL
A sesión celebrarase o vindeiro luns, día 9 de marzo, ás 12.00 horas no salón de plenos do Consistorio
Narón, 5 de marzo de 2020. O Concello de Narón acollerá o vindeiro luns, día 9, un pleno extraordinario, ás 12.00 horas, no que se procederá a realizar o sorteo dos integrantes das mesas electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o vindeiro 5 de abril. A través do procedemento habitual, mediante un sorteo informático, designaranse os presidentes, vogais e dous suplentes para cada unha das 47 mesas coas que contará o municipio. As persoas seleccionadas recibirán unha notificación do Concello no seu domicilio habitual. Na mesma indicaráselles o procedemento a seguir no caso de que consideren oportuno presentar reclamacións ante a Xunta Electoral de Zona –no xulgado de Ferrol-, así como dos prazos estipulados para este fin.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal