Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA UFD GRUPO NATURGY ANUNCIA INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO QUE AFECTARÁN A VARIAS RÚAS DA CIDADE O VINDEIRO LUNS
A empresa realizará tarefas de mantemento da rede eléctrica que poden provocar interrupcións do subministro entre as 10.00 e as 12.00 horas, tal e como indicaron
Narón, 6 de marzo de 2020. A compañía eléctrica UFD Grupo Naturgy procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico o vindeiro luns, día 9, entre as 10.00 e as 12.00 horas en varias rúas da cidade. Así o indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que indicou que a medida responde ao feito de que a empresa levará a cabo tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica que se requiren para poder atender nas mellores condicións o subministro da zona, tal e como informaron no Concello. As rúas que se verán afectadas, total ou parcialmente, son: a avenida Souto Vizoso, a rúa Bos Aires, Camiño da Fonte, Chantado, Colmeote, Domirón, a estrada da Gándara, a estrada da Faísca, e as rúas Mosteiro de Caaveiro, Mosteiro de Samos, Mosteiro de San Martiño, Pena, Río Salgueiro e Río Sobecos. Dende a empresa eléctrica facilitaron un número de teléfono, o 900 333 999 para calquera aclaración ao respecto.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal