Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADA A LISTA DE SOLICITUDES PRESENTADAS ÁS TRES CATEGORÍAS OFERTADAS A TRAVÉS DA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO
O edil de Persoal, Pablo Mauriz, recordou que as persoas interesadas en presentar algunha reclamación sobre o listado provisional poden facelo ata o xoves 12 de marzo, incluído, no Concello
Narón, 10 de marzo de 2020. O Concello de Narón publicou o listado provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura temporal de prazas vacantes de persoal funcionario interino e laboral temporal no Concello e os seus organismos autónomos en tres categorías: Conserxe (Grupo C2), Administrativo (Grupo C1) e Auxiliar administrativo (Grupo C2). En total presentáronse 1.414 persoas, das que 1.190 resultaron admitidas para o procedemento e 224 figuran como excluídas debido a que non presentaron parte da documentación solicitada ou hai algún erro na mesma. No documento provisional están admitidas 516 persoas para a categoría de Auxiliar administrativo; 377 para a de Administrativo e 297 para a de Conserxe. As persoas interesadas poden consultar o listado a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no apartado de “Bolsa de emprego”. Así o indicou o concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, que explicou que as persoas interesadas en presentar algunha reclamación sobre o listado provisional poden facelo ata o vindeiro xoves, día 12, incluído, no Concello. Unha vez rematado o prazo procederase á aprobación da lista definitiva e a realizar a valoración das persoas que formarán parte desta bolsa de emprego do Concello naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal