Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO VÍDEO PROMOCIONAL DA CAMPAÑA "NON PASES POLO ARO"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Mar Gómez, visionaron o vídeo xunto co alumnado da cidade que protagoniza esta campaña municipal
Narón, 11 de marzo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, asistiron esta mañá no Concello á presentación do vídeo promocional da campaña municipal “Non pases polo aro”, sobre prevención da violencia de xénero. Os protagonistas desta campaña son alumnas e alumnos do IES As Telleiras e do CPR Ayala, de Narón, que xunto coa coordinadora do centro acudiron esta mañá ao visionado do traballo que realizaron. Saray Moreno Barro, Salma Prados Vilas, Edgar Saldivar Sánchez, Roberto Cebreiro Pérez, Raúl Rodríguez Fernández, e Iker Crego Cobelo do IES As Telleiras, e Lucía Cascudo Fernández, do CPR Ayala, son a cara visible do vídeo promocional, no que tamén participou inicialmente Julia Vigo, de As Telleiras. A todos eles, e a Saínza Bonome, orientadora do citado instituto, agradeceu Ferreiro a súa implicación nesta campaña, así como ás direccións dos centros. “Trátase dunha iniciativa moi importante para nós e que non poderiamos realizar sen a vosa colaboración, que tamén será moi importante á hora de darlle difusión a través das redes sociais”, recalcou a alcaldesa. Sete estudantes protagonizan o vídeo, duns tres minutos de duración na versión máis longa, ao ritmo de rap electrónico e cun marcado carácter reivindicativo, que tamén contará con dúas versións curtas para así difundilo a través de canles como o Whatshapp. Eles mesmos redactaron a letra da canción “Non pases polo aro” e elixiron os lugares nos que realizaron a gravación, cun resultado final que tal e como aseguraron, foi moi positivo. O alumnado explicou o significado do lema da campaña “Non pases polo aro”, a través da que se aposta por sensibilizar contra a violencia de xénero e dar visibilidade a esta lacra social. O traballo realizouse precisamente cun maior número de homes que de mulleres, co fin de reforzar a importancia do seu papel en materia de prevención e concienciación, respaldando á muller e instándoa a “non pasar polo aro”, marcando uns límites que non se deben tolerar para previr este tipo de conductas. Dende hoxe os vídeos poderán verse a través das páxinas de Facebook do Concello e da área de Igualdade do Concello de Narón e tamén do Instagram de Igualdade (@igualdade_naron) e tamén se difundirán a través da canle municipal de Whatshapp “Novas Narón”, tal e como indicou Ferreiro. Esta difusión, apuntou, completarase coa cartelería que se repartirá en diferentes centros de ensino da cidade e tamén espazos como centros cívicos sociais, entidades veciñais e instalacións deportivas, culturais…

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal