Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ MAÑÁ UN PASARRÚAS CON MÚSICA NO QUE PARTICIPARÁN O SPEIS E A POLICÍA LOCAL
Unha comitida con vehículos do Speis e da Policía Local percorerá a partir das 18.00 horas varias rúas da cidade
Narón, 27 de marzo de 2020. O Concello organizou unha proposta para mañá sábado, dirixida aos nenos e nenas da cidade co obxectivo de ofrecer unha actividade que amenice estas xornadas nas que debido ao estado de alarma debemos permanecer nos nosos domicilios. “Un aplauso por todas as nenas e os nenos” é o nome desta iniciativa que protagonizarán os profesionais do Speis de Narón e axentes da Policía Local, que organizaron un pasarrúas por algunhas rúas do termo municipal, entre elas a estrada de Castela, e que dará comezo ás 18.00 horas, con saída do cruce da estrada de Castela coa estrada do Trece. Dende o Consistorio explicaron que ao longo da tarde se poñerá música para os menores e o percorrido contará tamén coa presencia de vehículos tanto dos bombeiros como da Policía Local, que coas luces e sereas activadas contribuirán a facer máis visible esta iniciativa pensada para que pasen un momento agradable e divertido. A organización incidiu no feito de que “é moi importante que se queren vernos o fagan a través das súas ventás, que ninguén saia á rúa”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal