Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA DEPOSITAR OS RESIDUOS DOMÉSTICOS NOS CONTENEDORES AXEITADOS
As instalacións do Punto Limpo de Río do Pozo e o servizo de recollida de voluminosos non permanecen operativos durante o estado de alarma
Narón, 27 de marzo de 2020. A empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo na cidade detectou nos últimos días varios problemas no mesmo, ao depositar algunhas veciñas e veciños produtos reciclables, como plástico e cartóns, entre outros, nos contenedores que non son os axeitados para o seu tratamento. A maiores dos problemas que isto xenera de cara a continuar reciclando axeitadamente os residuos, súmanse complicacións debido ao desbordamento nalgúns contenedores de lixo orgánico, ao non depositalo nos específicos dos correspondentes produtos. Por estes motivos, dende o Concello, solicítase a máxima colaboración cidadá para manter operativo o servizo á veciñanza nas mellores condicións e, ao tempo, continuar reciclando dun xeito óptimo. Así mesmo, recordouse que tanto as instalacións do Punto Limpo de Río do Pozo como o servizo de recollida de voluminosos non estarán funcionando durante o estado de alarma, tal e como se anunciou dende o decreto do Goberno central. En canto ao servizo de recollida de lixo, recordouse que se mantén en días alternos. Os luns a recollida é por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo e zona semirural; os martes por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes; os mércores por Santa Icía, A Gándara, O Val, San Mateo, O Val, San Mateo e zona semirural; os xoves por Xuvia, O Alto, Doso, Pedroso e Sedes, os venres por toda a zona urbana e a zona semirural; os sábados por Doso, Pedroso, Sedes e Cornido e os domingos por toda a zona urbana.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal