Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTE CUBREBOCAS A PARTICULARES EN ESTABLECEMENTOS DE ALIMENTACIÓN DA CIDADE A TRAVÉS DE PERSOAL DE PROTECCIÓN CIVIL
Esta semana entregaranse un total de 3.000 unidades de cubrebocas, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 13 de abril de 2020. A entrega dos primeros 5.000 cubrebocas que realizaron desinteresadamente homes e mulleres do municipio con material doado por empresas e particulares continuará esta semana en varios establecementos de alimentación da cidade. Así o avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que a través de persoal voluntario de Protección Civil se repartirán esta semana unhas 3.000 unidades de cubrebocas para promover a autoprotección da veciñanza, un dos obxectivos da campaña municipal “Usando o cubrebocas eu protéxote, ti protéxesme”. “Dispoñemos xa dun cronograma para este reparto que se prolongará durante esta semana, coa posibilidade de amplialo neses mesmos establecementos ou noutros da cidade a medida que vaiamos recibindo máis cubrebocas”, apuntou Ferreiro. Na xornada de mañá está previsto repartilos no supermercado Covirán de Xuvia, na cooperativa do Val e na cooperativa de San Mateo. Así mesmo, o mércores continuarase no Froiz de Freixeiro, no supermercado Familia de Santa Icía e no Gadis da estrada de Cedeira; o xoves será no Froiz e no Gadis de Santa Icía e no Eroski da Gándara e o venres no Froiz da Gándara e no Mercadona, tamén da Gándara, completando deste xeito os repartos que xa se fixeron no Froiz do Centro Comercial Narón e en diferentes establecementos da cidade abertos durante o estado de alarma. En todos os casos, tal e como avanzou Ferreiro, a entrega relizarase entre as 10.30 e as 13.00 horas. Os cubrebocas realizados polos voluntarios e voluntarias son reutilizables, realizados con telas de algodón e levan incorporado un filtro de polipropileno para impermeabilizalos. A maiores, entréganse unha vez que se lavaron a temperatura elevada e dentro de bolsas herméticas, con todas as garantías de hixiene que se requiren nestes casos. “Solicitamos ás veciñas e veciños que á hora de recoller os cubrebocas manteñan a distancia de seguridade, evitando así posibles riscos sanitarios nos momentos nos que se poida rexistrar maior afluencia de persoas”, indicou a alcaldesa. O Concello complementa esta actividade coa entrega das mascarillas que, procedentes do Goberno central, se repartiron esta mañá entre usuarias e usuarios do servizo de transporte público de Narón. Á cidade chegaron un total de 8.000 mascarillas que se reparten entre a cidadanía en colaboración coa Policía Nacional e que tal e como apuntou Ferreiro tamén se entregarán aos traballadores e traballadoras dos tres polígonos industriais da cidade. “Quero agradecer novamente a colaboración de todas as persoas que nos están axudando estes días como voluntarias e voluntarios, levando ás casas de persoas con problemas de mobilidade alimentos e medicamentos, cosendo e entregando cubrebocas, doando o material e medios que precisamos e tamén alimentos para as familias con menos recursos… e, en definitiva, amosando que somos unha cidade solidaria e que entre todas e todos conseguiremos saír canto antes desta situación e facer que teña as menores repercusións posibles entre a veciñanza”, subliñou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal