Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS AXENTES DA POLICÍA LOCAL TRAMITARON PRETO DUN CENTENAR DE DENUNCIAS NO ÚLTIMO MES POR INCUMPRIR O CONFINAMENTO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, subliñou a importancia de que a cidadanía cumpra as medidas implementadas polo Goberno central tras decretarse o estado de alarma
Narón, 15 de abril de 2020. Os axentes da Policía Local de Narón continúan realizando controis en diferentes puntos da zona urbana e rural do municipio para velar polo cumprimento das medidas implementadas polo Goberno central tras decretarse o estado de alarma. Dende que se decretou o estado de alarma, o pasado 14 de marzo, xa se realizaron un total de 94 sancións por incumprir o confinamento e desoír as obrigas do estado de alarma, tal e como anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro. Todas elas impuxeron tanto a peatóns como a conductores que eludiron a obrigatoriedade de permanecer nos seus domicilios salvo para as causas expresamente contempladas no citado decreto. “Das 94 denuncias, un total de 69 son de peatóns que ían pola rúa sen causa xustificada algunha e as 25 restantes de conductores que tamén sen motivo xustificado se desprazaban das súas vivendas habituais”, explicou a alcaldesa. A maior parte das infraccións detectadas rexistráronse nas estradas de Castela e Cedeira –as de maior afluencia de peatóns e vehículos na cidade- pero tamén noutras como a rúa Río Lérez, Freixeiro e os paseos de Freixeiro e Xuvia. Así mesmo, no que respecta á zona rural tamén se multou a veciñas e veciños que incumprían as medidas do estado de alarma en parroquias como San Mateo, Pedroso e O Val, tal e como consta nas denuncias. Os horarios comprendidos entre as 10.00 e as 12.00 e polas tardes de 17.00 a 20.00 son os que se tramitaron un maior número de denuncias por parte dos axentes da Policía Local, tal e como apuntou Ferreiro. No total das denuncias formuladas ata o día de hoxe hai casos, explicou a alcaldesa, “como o dunha mesma persoa á que no mesmo día se lle tramitaron dúas denuncias por incumprir as normas e que, a maiores, foron reincidentes ata en cinco ocasións en diferentes puntos da cidade”. Noutros casos detectáronse grupos de ata catro persoas que tamén recibiron sancións por non acatar as medidas do estado de alarma. “A gran maioría da poboación está cumprindo coas normas, o que valoramos e agradecemos, pero lamentablemente tamén nos vemos con casos que as burlan reiteradamente e que, por ese motivo, recibirán a pertinente sanción que se tramitará a través da Subdelegación do Goberno e que como mínimo serán de 600 euros”, subliñou a alcaldesa. Ferreiro recalcou que “os controis continuarán a diario na cidade mentres dure o estado de alarma, polo que pedimos á veciñanza que cumpra as normas para evitar as sancións que conleva o seu incumprimento e, ao mesmo tempo, colaborar para poder retomar pouco a pouco a normalidade canto antes con todas as garantías de seguridade e saúde para a cidadanía”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal