Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMOU OS TRABALLOS DE DESBROCE POLA ZONA RURAL DO MUNICIPIO CON DOUS TRACTORES
Esta semana os tractores comezaron a traballar nas parroquias de Castro e O Couto, para desprazarse depois ao Val e San Xiao, tal e como avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 27 de abril de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, informou que o Concello retomou a semana pasada os traballos de desbroce na zona rural, un labor que se paralizara tras decretarse o estado de alarma. Na actualidade, traballan a diario dous tractores, un na parroquia de Castro e outro na do Couto, que ao rematar desprazaranse ás do Val e outro pola zona do Feal cara a San Xiao, tal e como indicou Ferreiro. “Nos últimos corenta días os desbroces estiveron paralizados debido ao estado de alarma, pero xa se están retomaron con total normalidade para manter no mellor estado de limpeza posible as vías e beiravías da zona rural, ante a próxima chegada da tempada estival e coa intención de minimizar posibles riscos de incendio, como cada ano nesas datas”, explicou Ferreiro. A alcaldesa recordou que “normalmente os tractores realizan ao longo do ano cinco pasadas de desbroce polas parroquias da zona rural e, no caso de que se detecte que sexa necesario limpar máis veces tamén se reforza o servizo nas zonas que o precisan”. Ao longo do ano, como mínimo, os tractores municipais realizan cinco pasadas de desbroce polas pistas e beiravías de cada unha das parroquias do rural: O Val, San Mateo, Sedes, Castro, San Xiao, Pedroso e Doso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal