Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ESTUDA A VIABILIDADE DE MODIFICAR A ORDENANZA DE TERRAZAS PARA REACTIVAR O SECTOR HOSTALEIRO LOCAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, encargou aos servizos técnicos municipais que estuden posibles opcións para analizar a viabilidade de aplicar cambios na ordenanza
Narón, 7 de maio de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, encargou aos servizos técnicos municipais o estudo da viabilidade de incorporar unha serie de melloras á actual Ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería. “A actual crise sanitaria derivada da Covid-19 está xerando graves consecuencias na facturación do sector hostaleiro, cunha ampla representación na nosa cidade e que debido ao coronavirus se viu obrigado a pechar os negocios ao público e tan só nalgúns casos continúa atendendo o servizo de comida a domicilio”, asegurou Ferreiro. A rexedora local avanzou que medidas como facilitar a ubicación das terrazas serán estudadas polo persoal técnico municipal, entre outras, para tratar de reactivar o traballo da hostalería local, que deberá acatar as medidas establecidas para garantir a saúde e seguridade tanto do seu persoal como da clientela no momento en que poidan reabrir ao público, a partir do vindeiro día 11”, explicou. “A ampliación dos actuais requisitos para poder instalar terrazas nos diferentes establecementos de hostalería consideramos que podería supoñer un impulso para os negocios, polo que é preciso estudar en que condicións se poderían ampliar para contemplar novas posibilidades no caso de homologacións, modalidades de ocupación e instalación e outras opcións”, avanzou. Ao mesmo tempo que se estudan esas novas opcións de cambios na normativa, dende o Concello de Narón xa se anunciara que non se cobrará a correspondente taxa pola utilización do solo para este fin dende que se decretou o estado de alarma, o pasado 14 de marzo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal