Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA TRANSMITE AS CONDOLENCIAS DA CORPORACIÓN LOCAL E DO PERSOAL DO CONCELLO AO SECRETARIO XERAL DE NARÓN TRALO FALECEMENTO DO SEU PAI
Marián Ferreiro transmitiu publicamente o pésame a Alfonso de Prado polo falecemento do seu pai, Francisco de Prado, en Oviedo
Narón, 8 de maio de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, transmitiu publicamente hoxe no seu nome e no do resto da corporación local e persoal funcionario e laboral do Concello, o máis sentido pésame ao Secretario Xeral do Concello, Alfonso de Prado Fernández-Canteli, tralo falecemento do seu pai, Francisco de Prado Secades, aos 94 anos, en Oviedo. Un pésame que fixeron extensivo para os seus outros tres fillos, María Luz, Covadonga e Francisco, así como para o resto de familiares e amizades de Francisco de Prado. Na comisión da crise do coronavirus celebrada esta mañá gardouse un minuto de silencio para unirse ás condolencias, trasladándolle o pésame a Alfonso de Prado, tal e como tamén se fixo durante a sesión da Xunta de Portavoces cos voceiros de todos os grupos políticos da corporación local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal