Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE CLAUSURA NO COLEXIO PÚBLICO INTEGRADO DE O FEAL A MOSTRA DE SELOS DA FEDERACION ESPAÑOLA DE SOCIEDADES FILATÉLICAS
Narón, 24 de Abril de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, clausuraron hoxe a Exposición Filatélica que permaneceu aberta durante esta semana no Centro Público Integrado de O Feal. Trátase dunha exposición itinerante promovida pola Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) que durante os últimos dez anos percorre toda a xeografía española. O rexedor asegurou que “é un pracer poder axudar dende o Concello de Narón á dinamización dos colexios con iniciativas coma ésta, que pretende achegar o gusto pola filatelia ós nenos e nenas, que normalmente ven esta afección coma algo propio dos seus proxenitores”. A Concelleira de Cultura, pola súa banda, engadiu que o feito de traer ó CPI de O Feal esta exposición –que aínda non estivo noutros centros da comarca- “é froito dun traballo que se leva facendo dende hai un tempo, por parte de todos nos: Concello, Colexio de O Feal, e a propia organización da mostra”. O encargado desta exposición, Antonio Lojo, presentou ós políticos e á comunidade educativa do CPI de O Feal un CD que acompaña a mostra, e que leva por título “Taller de filatelia xuvenil”. Os contidos deste disco son apropiados para introducir ós escolares na filatelia, ó tempo que se lles ensina a parte máis atractiva da mostra. Entre as curiosidades desta colección filatélica, inclúense o primeiro selo do mundo (emitido o 6 de maio de 1840 en Inglaterra, e denominado “Black Penny”) e o primeiro selo emitido en España (do ano 1850, da raiña Isabel II). A exposición filatélica inclúe tamén unha colección de selos novos (que non estiveron nunca en circulación), selos franqueados, e selos temáticos (sobre comics, fauna, militares, e literatura, entre outras categorías). Como curiosidades, Antonio Lojo explicou que existen carteros honorarios do servizo de Correos –quen colabora nesta exposición-, coma o falecido premio Novel de Literatura, Camilo José Cela. Esta distinción lle permitía enviar as súas cartas sen o correspondente selo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal