Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZA A DESINFECCIÓN DE CENTROS DE ENSINO TRALA APERTURA DO PRAZO DE TRAMITACIÓN DE MATRÍCULAS
Persoal do Speis e da empresa Urbaser realiza estas tarefas de reforzo da desinfección empregando diverso material, entre o mesmo un atomizador, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 14 de maio de 2020. Persoal do Speis de Narón e da empresa Urbaser iniciou o pasado luns os traballos enmarcados no Plan especial de desinfección de centros escolares. Trátase dun labor, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, “co que se reforzan os traballos de limpeza e desinfección que levan a cabo as empresas que se encargan deste servizo nos respectivos centros de ensino da cidade”. A reapertura do centro con motivo do proceso de matriculación do alumnado nos colexios públicos e concertados e institutos da cidade –en segundo ciclo de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato- levou a intensificar estas tarefas para ofrecer tanto ao persoal docente como ás familias todas as garantías sanitarias á hora de realizar os trámites pertinentes. “Os traballos dos profesionais do Speis e Urbaser reforzan a desinfección tanto de zonas interiores e exteriores dos centros, respectivamente, concretamente no primeiro dos casos actuando no tramo que percorren as familias que se dirixen aos centros para realizar as matriculacións”, apuntou a alcaldesa. A desinfección, ao igual que se leva facendo nas últimas semanas noutros puntos da cidade, é a base dunha solución de hipoclorito, seguindo deste xeito o mesmo protocolo establecido polo Speis de Narón para a desinfección para frear a posible propagación da Covid-19, e tamén se está empregando un atomizador que polas noites desinfecta diante dos colexios, completando os traballos polas mañás con baldeadoras e mochilas atomizadoras. Os traballos estanse realizando pola noite e a primeira hora da mañá nos centros, ata donde se desprazan os profesionais co material necesario e que adica ás tarefas o tempo preciso, que varía en función de cada un dos centros. “O labor complementa ás tarefas que nesta área tamén se están facendo a diario nos propios centros de ensino, entendendo que debemos ofrecer as máximas garantías hixiénicas a todas as persoas que acuden aos centros e así o faremos ata que se peche oficialmente o prazo de tramitación das matrículas”, asegurou Ferreiro. A maiores, tamén se entregaron un milleiro de cubrebocas para que os conserxes dos centros os entreguen a aquelas persoas que acudan sin este tipo de protección aos colexios. “Dende o primeiro día dispoñen deste material e no caso de que sexa preciso e así nolo comuniquen, entregarémoslles máis unidades”, indicou a alcaldesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal