Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESTRICIÓNS NO TRÁFICO RODADO NAS VIVENDAS DA MARIÑA DE SANTIAGO APÓSTOL A PARTIR DE MAÑÁ DEBIDO Á RENOVACIÓN DO PAVIMENTO DE VIAIS
O concelleiro de Seguridade, Román Romero, anunciou que as restricións se prolongarán ata o vindeiro 10 de xuño
Narón, 26 de maio de 2020. A finalización dos traballos de humanización e renovación do pavimento en todos os viais da urbanización das Vivendas da Mariña obriga a restrinxir o tráfico rodado e o estacionamento de vehículos na zona, a partir de mañá mércores e ata o vindeiro 10 de xuño, data na que se prevé o remate da intervención. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou ademáis que con este mesmo motivo verase afectado o servizo de recollida de lixo, debendo os residentes facer uso dos contedores situados na estrada de Castela ou na Finca Dopico. Romero indicou que a empresa xa colocou nos portais dos inmobles da zona os pertinentes avisos, co fin de informar aos residentes e pediu de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estas medidas, necesarias para finalizar as obras de mellora no pavimento e humanización dos viais das Vivendas da Mariña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal