Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA II MARCHA CICLISTA ESCOLAR
Se celebra os dias 8 e 9 de Maio no Paseo Marítimo de Xuvia e na Praza de Galicia, coa participación de 1.000 escolares.
Narón, 4 de Maio de 2009.- O Acalde de Narón, Jose Manuel Blanco, ven de presentar o programa da II Marcha Ciclista Escolar organizada polo Concello en colaboración cos colexios de Narón, e que terá lugar os días 8 e 9 de Maio. A principal novidade desta segunda edición é que os actos festivos se amplían a dous días, dando cabida tamén ó ocio dos máis novos (escolares de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, que non participen por cuestións de idade na Marcha). A Marcha Ciclista terá lugar o venres 8 de Maio, e partirá das inmediacións do Hipermercado Alcampo (A Gándara), ás 9:15 horas. Deste punto sairán os alumnos/as dos colexios de A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, A Gándara, e Santiago Apóstol. Xuntos percorrerán a Estrada de Castela ata o Concello, onde se unirán os colexios de O Feal, Piñeiros, Ponte de Xuvia, e Jorge Juan. Unha vez formado o pelotón, a marcha se reanudará ata chegar ó Paseo Marítimo de Xuvia, onde terá lugar unha xornada matutina de actividades festivas. Neste lugar estarán instaladas varias carpas que acollerán a realización de diversos xogos e deportes, entre eles unha exhibición de trial bike. Tamén haberá un sorteo de regalos e bicicletas (unha por cada centro escolar, que suman nove, e unha décima sortearase entre pais/nais) e se repartirán camisetas entre os participantes. En conxunto, entre alumnos/as, profesores/as, e pais e nais, o Concello agarda que participen perto de 1.000 persoas neste evento lúdico, que continuará na Praza de Galicia. Alí se instalarán dous hinchables, un camión de 20 metros de lonxitude convertible nun circuito de bicicletas, e o circuito de Educación Vial do Concello de Narón, que viaxa polos colexios do municipio. O venres pola tarde (de 16:30 a 20:30 horas), poderán facer uso destos xogos os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria dos colexios de Narón, que non puideran participar na Marcha Ciclista. Na xornada do sábado 9 de Maio (de 11:00 a 20:30 horas) estas instalacións estarán abertas a tódolos nenos/as de Narón e comarca. O obxectivo principal desta iniciativa, promovida polo equipo de Educación Vial do Concello, é inculcar nos rapaces/as un hábito de vida saudable a través do deporte da bicicleta. Para poder participar, os nenos/as deberán traer a súa bicicleta e o casco homologado. Os pais e nais que desexen acompañalos poderán inscribirse a través das ANPAS de cada colexio, ata o xoves 7 de Maio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal